|
A Posta da Prata é un lugar para gozar coa arquitectura e singular decoración dun aloxamento de tipoloxía tradicional galega, para descubrir a paisaxe e a milenaria herdanza da Vía da Prata, para saborear os completos almorzos e comidas elaboradas con produtos naturais e caseiros, para descansar e relaxarse na tranquilidade da natureza, e para pasear e soñar vendo a lúa dende algún recuncho da extensa finca na que se sitúa. Un lugar dende onde coñecer a comarca do Deza e o interior de Galicia, pero tamén a Ribeira Sacra e Santiago de Compostela.
|